Entrega de premios Concurso de Microrrelatos Grupo Dado
(Reseña no blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña por Cuqui Fdez)
O martes, 23 maio de 2017, tivo lugar no Auditorio do Ágora a Gala de entrega de Premios do Concurso de Microrrelatos do GrupoDado.
O Grupo Dado está formado polos clubs de lectura destes centros de ensino secundario e público de A Coruña: IES Agra I, IES Elviña, IES Monte das Moas, IES Monelos, IES Rafael Dieste e IES Zalaeta. O longo do ano, os alumnos e profesores destes centros traballaron os microrrelato nas aulas e nos clubs de lectura de cada centro. Os alumnos escribiron os seus sorprendentes textos e enviaron os mais destacados ó concurso.

A gala, presentada polos alumnos de 2ª ESO do IES Zalaeta, foi combinando a lectura dos microrrelatos coa actuación do grupo musical Black, dirixido por Iria Mejuto, que acompañada ó piano por Iago Mouriño, fíxonos vibrar ó ritmo do soul.
O xurado estivo composto polos escritores Arantza Portabales e Antonio Manuel Fraga Allegue, o editor e libreiro, Pablo Zaera Silvar, o coordinador dun blog de relatos multilingües Shimanto Reza, e a directora Bibliotecas Municipais da Coruña Isabel Blanco.
O martes, 23 maio de 2017, tivo lugar no Auditorio do Ágora a Gala de entrega de Premios do Concurso de Microrrelatos do GrupoDado.
A gala, presentada polos alumnos de 2ª ESO do IES Zalaeta, foi combinando a lectura dos microrrelatos coa actuación do grupo musical Black, dirixido por Iria Mejuto, que acompañada ó piano por Iago Mouriño, fíxonos vibrar ó ritmo do soul.
Non foi fácil para os miembros do xurado a decisión. Todos eles destacaron a creatividade de todos os relatos e o dominio da técnica narrativa dalgúns deles. E é que hai un gran potencial literarios nestas novas xeneracións!!:
Parabéns a todos os que participastes neste concurso: profesores e alumnos por todo ese traballo tan ben feito!! Parabéns a Iria pola súa magnífica actuación. Para nós foi un placer traballar con todos vós !! Esperamos volver estar convosco en futuras ocasións!!
CONCURSO DE MICRORRELATOS 2017
Os
textos terán que ser escritos en galego e terán unha extensión máxima de 150
palabras, sen incluír o título.
Serán
orixinais, inéditos en calquera medio e/ou soporte (incluido online) e non
terán sido premiados en ningún certame con anterioridade. Os participantes
responden ante os seu centro e ante as Bibliotecas Municipais da Coruña da
autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a total responsabilidade ante
terceiros.
En
canto a temática, será valorado moi positivamente que estea relacionada cun dos
libros lidos o presente curso nalgúns dos clubs de lectura dos 6 institutos que
integran o Grupo Dado; pero non é obrigatorio.
2.- ENVÍO DOS
ESCRITOS
Os
microrrelatos orixinais deberán ser remitidos por correo electrónico ao
encargado/a da biblioteca de cada IES que participa neste proxecto No asunto deberá figurar “Certame
Microrrelatos-GRUPO DADO”.
3. PRAZO DE
PRESENTACIÓN
O prazo de presentación dos
textos comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril.
Coñecidos os microrrelatos
gañadores por centro, abrirase unha nova convocatoria a concurso que será a da
súa presentación orixinal e creativa no Ágora o Día das Letras Galegas. Para
apuntarse a esta categoría tamén haberá que dirixirse ao responsable de cada
biblioteca de centro nun prazo extraordinario que terá lugar entre o 20 de
abril e o 5 de maio
4.- RESOLUCIÓN DO
XURADO
Estará composto por persoas designadas polas
Bibliotecas Municipais da Coruña. Os autores seleccionados serán notificados
vía telefónica para estar presentes no acto de entrega do premio que se
realizará no Centro Ágora con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
5- PREMIOS
CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO
1º
premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario
2º
premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario
CATEGORÍA B: 3º e 4º ESO; 1º e 2º de BAC
1º premio: 60 euros nun vale dunha librería
coruñesa + agasallo literario
2º
premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario
CATEGORÍA C: Pola orixinal presentación no Ágora dos Microrrelatos
escollidos por cada centro con este fin
1º premio: 60 euros nun vale
dunha librería coruñesa + agasallo literario
2º premio: 40 euros nun vale
dunha librería coruñesa + agasallo literario
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





