IDEAS XORNADA CLUBES DE LECTURA SANTIAGO 6 DE XUÑO DE 2014

Quería deixar constancia do que saquei da reunión deste venres en Santiago co obxectivo desas actividades conxuntas para o ano e en concreto dirixido a cómic, poesía e teatro, pois foi no que máis nos centramos.

En poesía en castelán faláronme do salmantino Raúl Vacas tanto polos seus obradoiros como polos poemarios Esto y ESO e Consumir preferentemente. Moi coñecido dos CFR da Coruña e Ferrol máis dun instituto aproveitou algún curso do CFR para pagarlle un pouco máis e levalo ós seus centros. Tamén para un obradoiro de poesía faláronme ben de Carlos Negro de Negreira.

En banda deseñada asistín a unha ponencia do IES de Poio quen me dirixiron o seu blog "ostrasnosdoslibrosblogspot.com". Parece ser que alí hai títulos que van desde Romeo y Julieta, a Nela (da Marianela de Galdós) ate Engurras ou Ikigami. Eles traballaron Cartas de inverno de Fernández Paz comparando o cómic coa narración. Xuntáronse con outros centros para ver algunha película que partía do cómic.
O museo do humor de Fene (Xaquín Marín) é unha excursión final que fan entre varios centros.

O grupo de Ferrolterra fixo un obradoiro coa Rosa Aneiros de Ámote Leo e falou moi ben dela. Está moi interesada en promocionar a súa triloxía e non é para deixar escapar. Xerais parece que lle pon máis dunha condición. Eles dirixiron os seus traballos conxuntos "O día de San Valentín". Pódese pensar nalgún carteo de amor creativo.

A xornada terminou coa presencia do Pedro Feijoo de Os fillos do mar do que algúns xa tedes algunha experiencia pero que outros podemos explotar dado que tamén está entre os títulos que escollimos para este ano.