Amosando publicacións coa etiqueta Gala Dado 2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gala Dado 2017. Amosar todas as publicacións

Fotos da Gala 2017














Entrega de premios Concurso de Microrrelatos Grupo Dado

(Reseña no blog dos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de A Coruña por Cuqui Fdez)

O martes, 23 maio de 2017, tivo lugar no Auditorio do Ágora a Gala de entrega de Premios do Concurso de Microrrelatos do GrupoDado.
O Grupo Dado está formado polos clubs de lectura destes centros de ensino secundario e público de A Coruña: IES Agra I, IES Elviña, IES Monte das Moas, IES Monelos, IES Rafael Dieste e IES Zalaeta. O longo do ano, os alumnos e profesores destes centros traballaron os microrrelato nas aulas e nos clubs de lectura de cada centro. Os alumnos escribiron os seus sorprendentes textos e enviaron os mais destacados ó concurso.


A gala, presentada polos alumnos de 2ª ESO do IES Zalaeta, foi combinando a lectura dos microrrelatos coa actuación do grupo musical Black,  dirixido por Iria Mejuto, que acompañada ó piano por Iago Mouriño, fíxonos vibrar ó ritmo do  soul.

O xurado estivo composto polos escritores Arantza Portabales e Antonio Manuel Fraga Allegue, o editor e libreiro, Pablo Zaera Silvar, o coordinador dun blog de relatos multilingües Shimanto Reza, e a directora Bibliotecas Municipais da Coruña Isabel Blanco.



Non foi fácil para os miembros do xurado a decisión. Todos eles destacaron a creatividade de todos os relatos e o dominio da técnica narrativa dalgúns deles. E é que hai un gran potencial literarios nestas novas xeneracións!!:

Parabéns a todos os que participastes neste concurso: profesores e alumnos por todo ese traballo tan ben feito!! Parabéns a Iria pola súa magnífica actuación. Para nós foi un placer traballar con todos vós !! Esperamos volver estar convosco en futuras ocasións!!