O martes, 23 maio de 2017, tivo lugar no Auditorio do Ágora a Gala de entrega de Premios do Concurso de Microrrelatos do GrupoDado.
A gala, presentada polos alumnos de 2ª ESO do IES Zalaeta, foi combinando a lectura dos microrrelatos coa actuación do grupo musical Black, dirixido por Iria Mejuto, que acompañada ó piano por Iago Mouriño, fíxonos vibrar ó ritmo do soul.
Non foi fácil para os miembros do xurado a decisión. Todos eles destacaron a creatividade de todos os relatos e o dominio da técnica narrativa dalgúns deles. E é que hai un gran potencial literarios nestas novas xeneracións!!:
Parabéns a todos os que participastes neste concurso: profesores e alumnos por todo ese traballo tan ben feito!! Parabéns a Iria pola súa magnífica actuación. Para nós foi un placer traballar con todos vós !! Esperamos volver estar convosco en futuras ocasións!!