CONCURSO DE MICRORRELATOS 2017

1.- REQUISITOS DO TEXTO
            Os textos terán que ser escritos en galego e terán unha extensión máxima de 150 palabras, sen incluír o título.

            Serán orixinais, inéditos en calquera medio e/ou soporte (incluido online) e non terán sido premiados en ningún certame con anterioridade. Os participantes responden ante os seu centro e ante as Bibliotecas Municipais da Coruña da autoría e orixinalidade do microrrelato, asumindo a total responsabilidade ante terceiros.

            En canto a temática, será valorado moi positivamente que estea relacionada cun dos libros lidos o presente curso nalgúns dos clubs de lectura dos 6 institutos que integran o Grupo Dado; pero non é obrigatorio.

2.- ENVÍO DOS ESCRITOS
            Os microrrelatos orixinais deberán ser remitidos por correo electrónico ao encargado/a da biblioteca de cada IES que participa neste proxecto   No asunto deberá figurar “Certame Microrrelatos-GRUPO DADO”.

3. PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación dos textos comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril.

Coñecidos os microrrelatos gañadores por centro, abrirase unha nova convocatoria a concurso que será a da súa presentación orixinal e creativa no Ágora o Día das Letras Galegas. Para apuntarse a esta categoría tamén haberá que dirixirse ao responsable de cada biblioteca de centro nun prazo extraordinario que terá lugar entre o 20 de abril e o 5 de maio

4.- RESOLUCIÓN DO XURADO
            Estará composto por persoas designadas polas Bibliotecas Municipais da Coruña. Os autores seleccionados serán notificados vía telefónica para estar presentes no acto de entrega do premio que se realizará no Centro Ágora con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

5- PREMIOS

CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO

            1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario
            2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

            CATEGORÍA B: 3º e 4º ESO; 1º e 2º de BAC
            1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario
            2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

CATEGORÍA C: Pola orixinal presentación no Ágora dos Microrrelatos escollidos por cada centro con este fin
1º premio: 60 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario

2º premio: 40 euros nun vale dunha librería coruñesa + agasallo literario