Este curso os alumnos máis vellos de 3 centros do DADO (Monte das Moas, Elviña e Zalaeta) leron Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Unha vez lida a obra, reuníronse no primeiro dos institutos citados para comentala co autor. Foi unha charla do máis amena e agradable e outra maneira diferente de achegarse ó libro.