ACTA DA REUNIÓN NO
IES RAFAEL DIESTE o 5 de xuño de 2015
A reunión celébrase por espacio de 2
horas neste centro
Asisten representantes de cada un dos seis
centros do Grupo Dado ademais de Cuqui como representante do Ágora, Javier
Pintor polo CFR e Santi pola biblioteca do IES Guitiriz. Incorporouse Berta, do
Monelos, acompañando a Chus.
Como
primeiro punto da orde do día estaba a devolución de
libros a cada centro, o que se fai sen ningún tipo de incidencia. Ponse
de manifesto que o intercambio de exemplares entre institutos aumentou
considerablemente e de xeito máis fluido gracias, entre outras cuestións, ó
feito de integrar no noso blog os listados dos libros dos que cada centro ten
máis de 7 textos por título.
En segundo
lugar vólvese discutir o número de exemplares
que decidimos comprar por centro e vólvese
acordar que sexan dous.
En canto a data para ter os títulos que serán comprados por
tódolos centros conxuntamente, decídese adiantar ó día 5 de outubro e non
esperar tanto como o ano anterior, co fin de poder ter a primeira reunión ó
redor do 20 de outubro.
Valóranse títulos que funcionaron e non
o fixeron nos distintos clubes de lectura. E así falouse de:
-La casa del Ángel de la Guarda, lido en Elviña e
recomendado para 3º e 4º de ESO. Gustou moito.
-Gagarin, de Agustín Fenández Paz, lido en Monelos en
4º de ESO e baseado na Coruña. Falouse tamén moi ben.
-Outros títulos en positivo: Mi
hermana vive sobre la repisa de la chimenea, (tódolos niveis); Un
destino por descubrir (dirixido a 3º ESO), El príncipe de la niebla (1º
e 2º ESO), Maldito Karma (1ºBAC), Prohibido leer a Lewis Carroll
(1º ESO), Lidie (4º ESO), 28 días de Safier (para Bachillerato), Sin
destino (1ºBAC), El festín de la muerte de Jesús Díaz de Palma (4º
ESO), Persépolis (4º de ESO), La biografía del segundo cocodrilo,
ou calquera libro de Fernando Lalana, recomendado de xeito moi destacado por
Carlos tamén para impartir unha charla sobre os seus libros.
En positivo tamén, pero máis dirixido
á lectura dramatizada falouse de O achado do Castro (para 1º ESO) e La
bella durmiente (Bello Lar, para 4º ESO). Arrugas ou Enrugas
valorouse moi positivamente para calquera edade.
Títulos que non funcionaron por distintos motivos: Cielo
abajo, de Fernando Marías; o cómic Haya, Sin noticias de Gurb,
La fórmula preferida del profesor de matemáticas, Enderezo
descoñecido, Los árboles mueren de pie.
Valoración das actividades. Valorouse moi especialmente a
actividade do Ágora o día das Letras Galegas, e a charla de Pedro Feijoo que tivo
lugar no IES Monte das Moas e na que participaron alumnos dese instituto, do
Elviña e do Zalaeta.
Propostas de
actividades para o próximo ano.
1.- Javier Pintor faltou da
posibilidade doutro encontro ó redor do cómic no primeiro trimestre no MACUF, máis
ben dirixido a 1º ESO, e pediu colaboración para propoñer un autor para
impartilo. Tamén nos animou a crear un
Grupo de Traballo.
2.- Cuqui do Ágora, despois de
explicarnos as experiencias “Libros vivintes” e “Libros en directo” que levan a
cabo na súa biblioteca, abriu a porta a calquera outra tipo de actividade e
quedamos en que o Día das Letras Galegas sería un punto de reunión para os
centros do Grupo Dado.
3.- Quedamos en que o ano que ven
fariamos o roteiro que non levamos a cabo este ano. Valoramos 4 posibilidades:
O roteiro á Illa de Ons en busca do Buraco do Inferno do que se fala no libro
de Pedro Feijoo, Os fillos do mar; o Roteiro Díaz Castro, organizado
polos alumnos do instituto de Guitiriz e promovido por Santi, presente na
reunión; o roteiro literario por Cecebre ó redor da figura de Wenceslao
Fernández Flórez ; e a ruta polo Caurel.
4.- Falamos da posibilidade de
visitar algunha librería como actividade dos nosos grupos, e neste aspecto
falouse especialmente das posibilidades de Moito conto en S. Andrés, de Cascanueces,
e de Verbiriana.
Sen máis asuntos que tratar,
levantouse a sesión.
IES
Rafael Dieste, xuño 2015